Fogueira das vaidades

Bernardino de Siena organiza unha fogueira das vaidades (1457-1461), Agostino di Duccio, Oratorio de San Bernardino, Perugia

A fogueira das vaidades (en italiano: falò delle vanità) foi unha queima de libros seculares (o Decamerón e obras de Ovidio, entre outros), instrumentos musicais, cartas e dados, produtos de perfumaría, maquillaxe, roupas requintadas e espellos confiscados aos cidadáns de Florencia por orde do reformador relixioso Girolamo Savonarola .

A cerimonia máis significativa deste tipo realizouse na praza da cidade o Martes de Entroido, 7 de febreiro de 1497. Segundo a lenda, o propio artista Sandro Botticelli botou ao lume algunhas das súas mellores pinturas sobre temas mitolóxicos.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search